COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Non á a agresión imperialista contra Venezuela

3 de xaneiro de 2026

O Partido Comunista de Galicia, como organización comprometida coa loita antiimperialista, denuncia con firmeza o ataque dos Estados Unidos contra a República Bolivariana de Venezuela. Esta nova agresión encaixa nunha longa estratexia de inxerencia que busca someter pobos soberanos aos intereses do imperialismo, vulnerando o dereito internacional e poñendo en risco a paz.

Fronte a isto, reafirmamos a nosa solidariedade co pobo venezolano e co seu dereito a decidir libremente o seu futuro sen presións nin ameazas externas. A defensa da soberanía nacional e da autodeterminación dos pobos é unha tarefa central para todas as forzas revolucionarias e para a clase traballadora organizada.

Chamamos á militancia, simpatizantes e ao conxunto do pobo traballador a participar hoxe ás 20:00 horas na concentración diante do Consulado de Venezuela en Vigo. A mobilización popular é a nosa principal ferramenta para facer fronte ao imperialismo e para expresar unha solidariedade internacionalista firme, consciente e activa.

Hoxe, máis ca nunca, a rúa é o lugar onde defender a paz, a dignidade e a soberanía dos pobos.

Categorías:

Comparte: