COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Nova agresión imperialista contra a República Bolivariana de Venezuela

8 de xaneiro de 2026

Co bombardeo de Caracas, o secuestro do presidente Maduro e da súa esposa, e a farsa do seu xuízo, o imperialismo estadounidense leva a cabo unha nova e vil agresión contra a República Bolivariana de Venezuela. Como deixou ben claro Trump, o seu obxectivo non é a democracia nin os dereitos humanos, senón o control das súas vastas riquezas naturais, como o petróleo, e acabar co exemplo soberano dun pobo que se atreve a desafiar a súa dominación. Esta agresión é un ataque contra toda América Latina e o Caribe, e contra o dereito de todos os pobos a decidir o seu destino.

Esta ofensiva non se entende sen a máquina de propaganda e mentiras posta en marcha por Washington e os seus aliados. Levan anos xustificando as inxerencias, a guerra económica e os bloqueos cruéis mediante unha guerra cognitiva baseada en falsidades. Agora, a agresión militar é a fase final dun plan para derrocar un goberno lexítimo e popular. As súas falsas narrativas son o disfrace do seu afán de saqueo.

É hora de que a comunidade internacional actúe con firmeza. Exiximos á ONU e a todos os foros multilaterais que condenen urxentemente esta agresión ilegal baixo o Dereito Internacional e que poñan fin á impunidade dos agresores. A loita do valente pobo venezolano e da súa unión cívico-militar é a nosa loita. Defender a soberanía de Venezuela é un paso estratéxico cara a unha nova orde mundial, onde os pobos sexan libres.

Por todo isto, elevamos a nosa voz máis firme: esiximos a liberación inmediata do presidente constitucional Nicolás Maduro e da súa esposa, Cilia Flores, secuestrados por esta acción imperialista. Chamamos á mobilización nas rúas, con unidade e solidariedade internacionalista. A bandeira de Venezuela é hoxe a bandeira de todos os pobos que loitan pola liberdade.

Pola soberanía de Venezuela!
Fóra o imperialismo!

Categorías: Comité Nacional

Comparte: