COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

NOVO ACCIDENTE LABORAL: MORRE UN TRABALLADOR EN MAÑÓN

29 de marzo de 2023

Un operario de 57 anos faleceu na mañá deste mércores na localidade coruñesa de Mañón tras caer dunha plataforma elevadora mentres traballaba nunha empresa de construción e servizos en Bares.

Segundo informaron a Europa Press, por fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 10.00 horas e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia. Esta persoa asegurou que un home caera duns catro metros de altura cando traballaba na parroquia de Bares, en Mañón. Unha vez no punto, os servizos sanitarios de urxencia non puideron facer máis que confirmar a morte do traballador.

O falecido ía realizar traballos de albanelería (tapando fendas e outros defectos) para acondicionar a fachada da vivenda para o seu posterior pintado. Os seus dous compañeiros achegáronse con estadas cando caeu dende a parte alta da vivenda (un segundo piso), onde se atopaba no interior da plataforma. Segundo explicou o alcalde de Mañón, Alfredo Dovale, que acudiu ao lugar do accidente, o ascensor teríase desestabilizado ou non estaría ben montado

Categorías:

Comparte: