COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O CAMARADA PORTOMEÑE PRESENTA O SEU LIBRO SOBRE GÓMEZ GAYOSO

10 de xaneiro de 2023

Tivo lugar en Vigo, na libraría Cartabon (Urzaiz, 125), a presentación de Vivir e morrer pola causa, biografía de José Gómez Gayoso, escrita polo camarada Carlos Portomeñe.

O autor estivo acompañando por Xesús Alonso Montero. A obra, publicada na colección Memoria histórica da Editorial Galaxia, achega ós lectores a biografía de José Gómez Gayoso (Maceda, 20-IX-1910 - Campo da Rata (A Coruña), 6-XI-1948).

Gayoso foi un loitador político que viviu unha época plagada de adversidades e definida polos horrores da represión extrema da ditadura franquista. En Vivir e morrer pola causa, Carlos Portomeñe ofrece, en palabras de Xesús Alonso Montero, "unha biografía moi completa e excelentemente contextualizada dunha figura de vida verdadeiramente heroica, se por heroísmo entendemos dar existencia a unha causa pública e nobre. “

O libro se completa coa correspondencia de Gayodo con Concha Abad, que axuda a coñecer a unha persoa cunha vida digna de novelar.

Categorías:

Comparte: