COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O Partido Comunista de Galicia coas traballadoras de Unisono

27 de abril de 2021

A semana pasada houbo unha nova xuntanza entre o Comité de Empresa e a propia empresa para falar dos gastos de compensación do teletraballo que, dende que comenzou a pendemia a maioría das traballadoras están teletraballando nas súas casas.

A empresa non facilitou a información requerida pola representación sindical acerca das condicións laborais, os distintos acordos asinados, etc. Ademais fixo unha vergonzosa proposta empresarial de 13,32 euros ao mes (soamente ás traballadoras con xornada completa) e só dende a entrada en vigor do Real Decreto regulador do Traballo a Distancia que foi en outubro. Dita proposta dista moito dos 24 euros que a patronal ofreceu na negociación sectorial.

A actitude da empresa está lonxe de querer chegar a un acordo amosando clara mala fe de negociación por parte da patronal.

Ainda di que as traballadoras teñen que darlle as grazas por aforrar gastos de transporte sen querer falar dos gastos de internet, luz, auga, limpeza, calefacción, etc.

Tamén sabemos que na campaña de ING a empresa vai retirar os chaves de identificación (tokens) e quere instaurar unha app para a dobre verifiación nun dispositivo móvil A representación sindical négase en rotundo a instalación e o uso dos dispositivos de uso persoal para tarefas laborais da empresa tal e coma marca a lexislación. 

Por elo o Comité de Empresa pediu explicacións desta pretensión que incumpre a norma e rompe o proceso de negociación que están levando a cabo polo traballo a distancia. 

Dende o Partido Comunista de Galicia chamamos ás traballadoras e traballadores de Unísono a que non instalen ningunha app nos dispositivos personais e instamos ao Comité de Empresa a que loite por un acordo satisfactorio para as traballadoras tanto sindical coma xudicialmente polo conflito da compensación económica do teletraballo xa que o prazo de negociación finaliza o próximo 26 de abril.

Categorías:

Comparte: