COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG apoia a folga de Siemens na loita polo mantemento do emprego en As Somozas.

12 de novembro de 2020

A agrupación da comarca de Ferrolterra do Partido Comunista de Galicia quere amosar o seu total apoio as reivindicacións da plantilla de Siemens en As Somozas ante o despedimento de 52 compañeiros e a ameaza de traslado da produción.

A crise xeneralizada do capitalismo, agravada aínda máis pola pandemia, leva á ofensiva a estas empresas que non dubidan en deslocalizar cando rematan de rapinar subvencións públicas. É a mesma estratexia que xa vimos en Alcoa, Vesuvius, Poligal ou as empresas automobilísticas.

É urxente para o noso presente e fundamental para o noso futuro deseñar un novo modelo produtivo. A aposta dos gobernos central e autonómico pola industria ten que ser contundente. Debemos traballar por unha industria ao servizo de todas e todos, pública e que garanta non só salarios dignos e as boas condiciones para a clase traballadora, senón que tamén un futuro próspero para o país. Non podemos permitir que os intereses económicos das multinacionais poñan en perigo a supervivencia das nosas familias. É primordial nacionalizar as empresas cun valor económico ou social estratéxico.

Non por repetido dende fai décadas deixa de ter validez: só a organización da clase traballadora e a confrontación contra as prácticas abusivas do capital pode levarnos a mellorar as nosas condicións sociais, laborais e económicas. Non hai outra via.

Dende o PCG de Ferrolterra chamamos a toda a clase traballadora da comarca a solidarizarse, a apoiar e a secundar a folga, así como as mobilización, que decidan as traballadoras e traballadores de Siemens.

Non ó peche de Siemens!!
Polo futuro da comarca!!
Viva a loita obreira!!

Categorías: Ferrolterra

Comparte: