COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG apoia a folga en VITRASA e esixe unha solución urxente e definitiva ó conflicto

7 de febreiro de 2024

O Partido Comunista de Galicia quere amosar unha vez máis o seu apoio incondicional ás xustas e lexítimas reivindicacións das traballadoras e traballadores de VITRASA, empresa adxudicataria do transporte público no concello de Vigo, que tras máis de 3 anos de conflito encadean xa máis de dous meses de folga indefinida.

O Comité Nacional do PCG, na súa xuntanza do pasado 4 de febreiro de 2024, esixe a Abel Caballero, alcalde de Vigo, que asuma a súa responsabilidade e acabe coa complicidade coa empresa que, no seu continuo afán de lucro, leva anos precarizando as condicións laborais do cadro de persoal e empeorando paulatinamente os servizos á clase traballadora e aos sectores populares vigueses.

Dende o PCG demandamos a remunicipalización do servizo de transporte urbano e esiximos que tanto a empresa como o alcalde, Abel Caballero, abandonen o inmobilismo, asuman as súas responsabilidades e melloren con carácter inmediato ás condicións salariais e laborais dos traballadores e traballadoras de VITRASA.

Santiago de Compostela, a 4 de febreiro de 2024
Comité Nacional do Partido Comunista de Galicia

Categorías:

Comparte: