A empresa acaba de presentar un Expediente de Regulamento do Emprego co proposito de despedir a 1066 traballadoras en todo o Estado, afectando a 94 empresas, entre elas a que está ubicada na rúa de Principe de Vigo.
Escusándose nun cambio das condicións productivas e organizativas debido ao cambio de modelo comercial que se estaba a realizar nos últimos anos, pero que con motivo da pandemia veu o seu proceso acelerado, e o consecuente cambio de modelo de negocio.
Para o PCG este motivo non é comprensible debido ao seguinte:A
- As restructuracións dentro da empresa deben realizar utilizando mecanismos de garantia do emprego e da mobilidade interna dentro da empresa.
- No caso de que mobilidade interna non se poida dar usar medidas de voluntariedade.
- Garantir en todo caso os empregos de calidade.
- Os procesos de dixitalización do modelo de negocio non se pode facer ás costas das traballadoras.
Por todo isto apoiamos á plantilla de H&M facendo nosas as súa reivindicacións e chamamos ao conxunto das traballadoras da área de Vigo a sumarse ás dúas concentracións que están programadas para hoxe a partir das 12 e das 18 horas na rúa Principe, 54 (diante do Museo de Arte Contemporaneo de Vigo.