COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG chama a unha resposta social fronte á violencia estructural na crise da vivenda

5 de maio de 2024

O recente intento de suicidio dun inquilino na cidade Vigo momentos despois de recibir á comitiva xudicial que ía desafiuzar a toda a súa familia por impago do aluguer debe poñer novamente no centro do debate político e social a necesidade de implantar cambios urxentes que garantan un verdadeiro dereito a vivenda digna para a clase traballadora e os sectores populares.

Este incidente non é un feito aillado. É só unha pequena parte dun problema máis profundo que afecta a comarca de Vigo de xeito especialmente significativo. A especulación inmobiliaria, a escaseza de vivenda pública -con máis de 7.100 familias demandantes en Vigo-, a xestión capitalista da vivenda como negocio desposuíndoa da súa condición de dereito, as subas dos prezos do aluguer -en cifra históricas- e o continuo incremento das condicións para acceder a él, a grande cantidade de casas baleiras retidas con fins especulativos -só en Vigo estímanse máis de 15.000 vivendas  baleiras-, ou o incremento das viviendas turísticas -preto de superar as 2.000 pisos para este fin- e os procesos de xentrificación dos barrios populares son os elementos que levan á clase traballadora á desesperación e o sufrimento.

Dende o Partido Comunista de Galicia na comarca de Vigo somos plenamente conscientes de que estes problemas repítense nos barrios obreiros e nas parroquías de moitos dos nosos concellos. E entendemos que é fundamental, para lograr cambios substanciais e duradeiros nas políticas de vivenda, unha resposta social, organizada  e combativa capaz de artellar un movemento amplo de defensa do dereito a vivenda digna en base a propostas que acaben co control do capital financieiro deste recurso e fundamentadas no interese da clase traballadora e non dos intereses do capital.

Organicémonos polo que é noso!
Organicémonos polo dereito a unha vivenda digna!

Comité Comarcal do PCG en Vigo

Categorías:

Comparte: