COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG COA REVOLUCIÓN CUBANA

12 de marzo de 2023

O Partido Comunista de Galicia ven de mostrar a súasolidariedade coa revolución e o pobo cubano na Festa da Arribada 2023 en Baiona. Durante os tres días de festa o PCG, xunto a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e o Consulado de Cuba en Galicia, traballamos por espallar as revindicacións cubanas contra o bloqueo, así como a cultura cubana e os seus productos tradicionais.

Hai anos que a cidade de Baiona está irmandada coa cidade cubana Rafael Freyre de Holguín, motivo polo cal duante a festa a revolución cubana ten o seu espazo de reivindicación e loita, promoción dos seus avances médicos e científicos, e a súa historia de loita con información sobre Rafael Freyre, guerrilleiro cubano que dá nome á cidade a cal se pode visitar nunha viaxeorganizada polo consulado para poder seguir nutríndonosda experiencia revolucionaria da illa.

Tanto esta como outras accións levadas a cabo polo conxunto do Partido Comunista de Galicia veñen a subliñar o compromiso do mesmo co proxecto socialista de Cuba e a nosa solidariedade co pobo cubano que segue, tras máis de 60 anos, esixindo a fin do bloqueo criminal imposto polos Estados Unidos.

Viva Cuba socialista.

Patria o muerte, venceremos.

 
 

 

 

Categorías:

Comparte: