COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG CONDENA A MORTE DUN TRABALLADOR AO CAER DUNHA CARRETILLA ELEVADORA EN TUI

16 de decembro de 2022

Dende o PCG esiximos a aplicación dos Planes de Prevención e Seguridade e a súa actualización periódica, acompañados de todas as medidas de protección, a dotación ecónomica necesaria e unha mellor e maior implicación da Inspección de Traballo.

Unha vez máis un traballador atopa a morte durante a xornada laboral. Dende o Comité Comarcal do Partido Comunista de Galicia na comarca de Vigo, mostramos o noso máis profundo pesar polo falecemento de M.E.M., operario de 38 anos que caíu desde unha carretilla elevadora enriba dun palé, mentres traballaba nunha empresa de materiais de construcción, na vila pontevedresa de Tui.

O PCG esixe a mellora do funcionamiento dos planes de Prevención e Saúde Laboral no sector Industrial, onde constatamos  como a clase traballadora sofre a miúdo nos seus postos de traballo, enfermedades laboráis, accidentes, cronificacións de pataloxías e incluso mortes que en moitos casos poderían ser evitadas.

Do mesmo xeito, reclamamos o cumplimento dunha axeitada política de Prevención de Accidentes Laborais en todas as empresas, así como unha mellora nas accións da Inspección de Traballo, para asegurar a implementación de medidas que garantan a seguridade e a saúde de todos os traballadores e traballadoras.

Dende o PCG na comarca de Vigo, insistimos na necesidade de que a patronal tome conciencia da influencia que teñen as condicións laboráis na vida dos traballadores e traballadoras, e poña fin a calquera condición de inseguridade laboral que comprometa a seguridade e saúde, durante o desempeño do posto de traballo. Non podemos consentir que comprometan a vida da clase obreira.

Categorías:

Comparte: