COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

TODOS Á FOLGA: O PCG de Ferrolterra ante a Folga do Metal en Coruña

4 de maio de 2022

Mañá día 5 de maio arranca un proceso de mobilizacións e folgas no metal na provincia de A Coruña. O que se vai pelexar é o convenio provincial do sector siderometalúrxico.

Xa van máis de dous anos dende que rematou a vixencia do anterior convenio e, ante unha patronal que se nega a calquera avance, os traballadores e traballadoras debemos tomar a senda da mobilización e o conflito.
Non debemos ter ningún reparo, compañeiros. Fiar todo en exclusiva á negociación pola negociación xa non serve. Nós somos os que traballamos e creamos a riqueza. Polo tanto, a millor ferramenta que temos para presionar e conseguir os nosos obxectivos, é parar a produción.

Na nosa comarca o foco está en Navantia, nas compañías auxiliares e nas empresas nos polígonos da contorna. É clave que a plantilla da principal asuma como propia a loita dos compañeiros e compañeiras de auxiliares. A millor defensa das súas condicións laborais pasa por axudar a millorar substancialmente as condicións dos compañeiros de auxiliares.
Non debemos esquecer que existen outros conflitos laborais na comarca: EMAFESA, os traballadores de Parques e Xardíns e os da Biblioteca do Concello de Ferrol. É necesaria a coordinación, a acumulación de forzas e a unificación das loitas. A solidariedade de clase é a nosa millor arma.

Por tanto, o Núcleo Comarcal do Partido Comunista de Galicia:
• Chama á folga de todo o sector do metal os días 5,12,18e19 de maio.
• Convocamos a todos os traballadores e traballadoras da comarca de Ferrol, en especial ós do metal, a sumarse e participar nas mobilizacións, nas accións reivindicativas e na folga.

É necesario que estes paros sexan un éxito. De nós depende.

En Ferrol, a 4 de maio de 2022

VIVA A CLASE TRABALLADORA
UNHA SOA CLASE, UNHA SOA LOITA!
NIN PAZ ENTRE CLASES, NIN GUERRA ENTRE POBOS!

Categorías: Ferrolterra

Comparte: