COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG denuncia novos ataques ao ensino público e esixe unha aposta clara por unha educación de calidade

26 de xuño de 2023

Nas últimas semanas estanse a coñecer as intencións da Consellería de Educación da Xunta de Galicia para o próximo curso. Lonxe de mudar o rumbo das súas políticas para atender as demandas da comunidade educativa o goberno de Rueda mantén a mesma dirección que xa sinalara o seu antecesor Feijóo. Unha política baseada nos recortes, no aumento da burocracia e no desprezo ao conxunto do profesorado e da comunidade educativa.

Galicia segue a ser un dos territorios que aínda non deron marcha atrás aos recortes impostos no ano 2021. Xunto con Madrid son as comunidades con máis horas lectivas do profesorado o que supón menos tempo para a coordinación, a atención individualizada e a preparación de proxectos. Tampouco teñen avanzado o máis mínimo na redución das ratios de alumnado por aula, como xa o fixeron territorios como Castilla e León ou a Comunidade Valenciana.

O Partido Comunista de Galicia denuncia que as políticas neoliberais do PP de Rueda seguen a concretarse mediante o peche de aulas en centros educativos -que afecta máis gravemente ao ámbito rural-, a aposta polo ensino a distancia nas ensinanzas de persoas adultas segundo recolle o Anteproxecto de lei para a aprendizaxe ao longo da vida adulta e tamén o peche de ciclos formativos de FP presenciais para convertelos á modalidade a distancia o que supón a eliminación de máis de 1.820 prazas na oferta presencial de FP.

Ante esta situación, que supón un claro ataque ao ensino público, o PCG apostamos por unha FP e un ensino inclusivo, transformador e de calidade e facemos un chamamento ao conxunto do profesorado galego e á comunidade educativa en xeral a participar das próximas mobilizacións convocadas en defensa do ensino público.

Categorías:

Comparte: