COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Pontevedra | O PCG, en apoio solidario ós traballadores de ENCE

11 de novembro de 2025

O Partido Comunista de Galicia expresa o seu máis firme e solidario apoio aos traballadores da fábrica de ENCE fronte o ERE presentado pola empresa.

A grave situación creada polo anuncio dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE), por parte da empresa, na fábrica de ENCE en Pontevedra que contempla o despido de corenta traballadores. A isto súmase o reiterado incumprimento dos compromisos de investimento na fábrica. Baixo estás situacións de ataque os traballadores víronse obrigados a iniciar un ciclo de folgas.

Resulta inaceptable que coa produtividade é os beneficios que reporta a empresa , xerados polos traballadores, está lles quere impor un ERE.

A loita dos traballadores de ENCE non é só pola defensa do seu emprego inmediato; é unha loita polo futuro industrial da comarca, polo mantemento dun emprego estable e de calidade, e contra a política dunha dirección que prioriza os dividendos económicos sobre as persoas e o tecido produtivo de Galiza.

Desde o Partido Comunista de Galiza facemos un chamamento:

· Á dirección de ENCE: Para que retire de maneira inmediata o ERE, cumpra cos seus compromisos de investimento na fábrica e sente a negociar de cos representantes lexítimos dos traballadores.

·Aos traballadores de Pontevedra: Para que estendan a súa solidariedade e apoio masivo aos traballadores de ENCE nestas xornadas de loita. A súa causa é a de todos: defender o emprego digno e de calidade na nosa comarca.

O Partido Comunista de Galicia estará, como sempre, á beira da clase traballadora. Seguiremos moi de preto a evolución dos acontecementos e apoiando as mobilizacións.

!Viva a loita da clase Obreira!

Categorías:

Comparte: