No día de ontes tivo lugar a primeira reunión para encauzar a constitución da Comisión Sectorial de Memoria Histórica en Neda.
O Comité Comarcal notificou ó Goberno do Concello de Neda o interese do PCG en participar como membro de pleno dereito nesa Comisión.
Ante o inexplicable silencio administrativo á nosa demanda, o noso Secretario Comarcal presentouse na reunión a pesares de non ter convite formal.
Unha vez alí, non houbo objeción por acceder a reunión, na que estiveron presentes os grupos politicos co consistorio: PSOE, BNG e Moveneda. O PP excusou a súa presenza por motivos familiares graves. Tamén, aparte do PCG, estaba presente a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
O alcalde presentou unha somera exposición de motivos e intencións e houbo diversas intervencións.
O PCG deixou claro que ten a firme intención de participar en dita Comisión coa principal misión de velar polo cumprimento estricto da lei de memoria democrática.
BURDO INTENTO DE MANIPULACION
Unha vez rematada a reunión, o goberno municipal emitiu unha nota de prensa na que omite deliberadamente citar a presenza do PCG.
Por isto, queremos sinalar que:
- É inaceptable esta manipulación e que se nos intente borrar
- Esiximos unha rectificación inmediata
- É grave e non permitiremos que se volvan repetir estas manobras
- Éste feito que debería por en garda ós grupos municipales, ós técnicos historiadores e á AMHD sobre como actua este Goberno de Neda
Comité Comarcal PCG
05/04/2024