COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG Ferrolterra apoia a unidade de acción nos conflictos laborais en Navantia Ferrol

12 de xullo de 2024

A UNIDADE DE ACCIÓN, PRIMERO E MÁIS IMPORTANTE PASO CARA Á VICTORIA

Navantia-Ferrol vive dende hai meses varios conflitos laborais. 
A plantilla da principal leva case tres anos co convenio caducado e reivindica un novo que arranxe as desfeitas e recortes de dereitos do anterior. É indispensable tamén que reverta a brutal perda de poder adquisitivo que afecta especialmente ás novas incorporacións
Tamén están en conflito os traballadores da auxiliar de seguridade (PROSEGUR) e a de mantemento informático (SERMICRO e ARTEMISA). Os primeiros esixen melloras no convenio e os outros, acollerse ó Convenio Provincial do Metal, que contempla a subrogación e melloras salariais.
Para Lenin “a unidade da clase obreira é o pilar elemental para acadar obxectivos”, a consideraba un deber moral e unha necesidade táctica. Por iso, e moi bo exemplo a confluencia dos conflitos de PROSEGUR e SERMICRO-ARTEMISA. A división só beneficia ós que nos queren manter débiles e sometidos. Ós que din ser sindicalistas e non combaten a división, só cabe preguntarlles a qué outros intereses serven porque, dende logo, non son os dos traballadores!
A extensión da loita e a confluencia é fundamental, pero tamén está comprobado que só se pode derrotar ós patróns mediante accións contundentes como paralizar a produción. É irrebatible que a nosa ferramenta máis eficaz é a folga, basta ver o ataque de histeria da dirección tras o bloqueo de 24 horas en Navantia-Fene. 
Por iso tamén hai que preguntarse a qué xogan os que actúan desmoralizando ós traballadores cando están dispostos a loitar.
É necesario botar a un lado as diferenzas e os enfoques localistas e egoístas. Hai que combater ós que fomentan a división, canalizando as nosas forzas no que nos une: a conquista de condicións de traballo dignas e salarios xustos para todos. A unidade é a primeira vitoria
O Núcleo de Ferrolterra do Partido Comunista de Galicia quere amosar o seu apoio solidario ós traballadores en conflito. As súas reivindicacións son xustas e necesarias. Esta é unha batalla esencial para dar un golpe ás patronais, en especial á dirección de Navantia, á SEPI e ó Goberno de España, para que abandonen as súas infames políticas antiobreiras.

En Ferrol, a 10-07-2025

En Ferrol, Cádiz ou Cartaxena, a mesma clase obreira!
Pola unidade dos traballadores!
Viva a loita obreira!

Categorías:

Comparte: