COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG inaugura en Vigo a exposición “Bernarda Espida”, do escultor Xavier Costa

17 de novembro de 2021

O PCG inaugura en Vigo a exposición “Bernarda Espida”, do escultor Xavier Costa

A mostra enmárcase nas actividades organizadas polo Partido Comunista de Galicia con motivo do seu centenario

“Bernarda Espida” é unha exposición de 54 pezas sobre o sufrimento da muller durante os últimos 50 anos

          A Universidade de Vigo acolle dende hoxe, 17 de novembro, ata o 22 de decembro a exposición “Bernarda Espida”, do escultor galego Xavier Costa, na sala Redeiras. Unha actividade organizada polo Partido Comunista de Galicia para conmemorar o seu centenario. Esta é a terceira localización que visita o mostra, que pasou pola Sala Fundación Torrente Ballester en Santiago e polo Cárcere Vello en Lugo.

          “Bernarda Espida” é o nome ficticio co que Xavier Costa presenta as súas 54 esculturas feitas en pedra, madeira e ferro. “Bernarda é unha metáfora. Lesbiana que fai ostentación da súa sexualidade e unha obesa satisfeita co seu corpo”, explica o escultor, que establece a través das texturas un contraste co que dota ás pezas do horror, pero tamén o erotismo, o amor e a alegría..

A exposición conta a historia “dunha muller que simboliza a todas aquelas mulleres que deciden loitar por unha fonda transformación da sociedade, para eliminar definitivamente as desigualdades entre os sexos e pola liberación de mulleres e homes da opresión baseada na explotación da maioría da poboación por uns poucos propietarios dos medios de produción”, explica Betty León Fong, comisaria da mostra e representante da comisión de cultura do Partido Comunista de Galicia en Vigo.

          A exposición pode desfrutarse -coa vista, pero tamén co tacto- solicitando cita previa na Universidade de Vigo dende hoxe ata o 22 de decembro, en horario de 17.00h a 20.00h.

Categorías:

Comparte: