COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG apoia a folga xeral de 24 horas en Unisono Vigo

27 de abril de 2021

As multinacionais UNÍSONO SOLUCIONES DE NEGOCIO S.L. e ING BANK ameazan e chantaxean ás traballadoras localizadas no local de Vigo-2 obrigándoas a incorporarse ao centro de traballo ante a negativa das traballadoras a instalar nos seus móbiles persoais unha aplicación de seguridade, sen negociación nin comunicación ao Comité de Empresa, para realizar as súas tarefas durante o teletraballo.

Así obrígaas a incorporarse de carácter presencial o vindeiro sábado, 1 de maio, poñendo en perigo a saúde das traballadoras.

Os sindicatos con representación sindical en Unísono presentaron a denuncia ante os organismos oficiais, ademais de convocar unha folga de 24 horas o próximo venres día 30 de abril. Haberá outras mobilizacións para frear estes continuos abusos  nos dereitos das traballadoras.

Ademais, tras varias xuntanzas a empresa non chegou a un acordo para pagar os gastos de teletraballo que asumen as traballadoras e traballadores de UNÍSONO, tamén incumpren a lei e protocolos establecidos polo estado de alarma vixente, así coma outros abusos laborais, presións e chantaxes por parte da patronal.

O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA súmase as reivindicacións das traballadoras dos tres centros de traballo que a empresa ten na cidade de Vigo e aposta pola recuperación dos dereitos laborais para rachar a precariedade laboral que condena e golpea sistematicamente sen compaixón ás traballadoras de UNÍSONO.

Categorías: Vigo

Comparte: