COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O Porriño | Apoio total ás traballadoras e traballadores do centro loxístico de Amazon

26 de decembro de 2025

O Partido Comunista de Galicia (PCG) manifesta o seu apoio total ás traballadoras e traballadores do centro loxístico de Amazon no Porriño, que o pasado 23 de decembro levaron a cabo unha xornada de folga para defender unhas condicións laborais dignas.

Amazon, unha empresa que pechou o ano 2024 con máis de 60.000 millóns de euros en beneficios e que prevé un beneficios aun maiores cos resultados do ano 2025, constrúe o seu modelo produtivo sobre a explotación e a precarización da clase traballadora. A carga de traballo non deixa de aumentar, mentres as condicións laborais empeoran cada vez máis. A folga é a resposta a problemas que o traballadores levan tempo denunciando: sobrecarga de tarefas, ritmos de traballo inasumibles, contratos precarios, incumprimentos na prevención de riscos laborais, abuso dos contratos a través de ETT e unha presión constante sobre as traballadoras e traballadores.

Desde o PCG condenamos con total firmeza a presenza e actuación da Garda Civil escoltando a saída das furgonetas da empresa. Dende as institucións pública empregouse á Garda Civil para protexer os intereses e os beneficios dunha multinacional con ganancias escandalosas, en vez de defender ás persoas que, co seu traballo diario, fan posible o funcionamento da empresa. Para o PCG esto é inaceptable. Este feito demostra, unha vez máis, que hoxe, o poder público ven sendo, pura e simplemente, o consello de administración que rixe os intereses do capital, e non un garante dos dereitos da clase traballadora.

Queremos tamén recoñecer o papel dos piquetes informativos e de todo o persoal mobilizado, que con valentía e determinación están a plantar cara a un xigante transnacional. Esta batalla que está a loitar a plantilla de Amazon, é a mesma batalla de toda a clase traballadora, e un exemplo claro de que só mediante a organización e a loita colectiva se poden conquistar melloras reais, sen confiar en institucións burguesas que reiteradamente demostran servir unicamente á clase dominante.

Organízate e loita!
Viva a loita da clase obreira!

Categorías:

Comparte: