COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

POR QUE RUSIA INVADIU UCRAÍNA?

6 de abril de 2022

Malia que após o fin da Unión Soviética os EEUU prometeran non facelo, o certo é que Rusia está case  rodeada por bases militares da OTAN. Por todas as súas fronteiras europeas, agás as de Bielorrusia e Ucraína.

En 2014 os EEUU promoveron un golpe de estado en Ucraína que derrocou un goberno democrático, cooperador tanto coa Unión Europea como con Rusia, para substituílo por políticos hostís a Rusia. Para cercar máis a Rusia os EEUU pretenden que os países da UE non lle compren o gas a Rusia para mercárllelo ás súas empresas.

Nada disto xustifica a invasión de Ucraína, mais, a quen lle interesa esta guerra ademais de a Putin? Aos pobos de Europa NON.

POR QUE DICIMOS NON ÁS SANCIÓNS A RUSIA?

Segundo a ONU, medio millón de nenos morreron en Irak polas sancións dos EEUU. Non solucionaron nada. Agora pretenden afogsar o goberno ruso, mais a quen máis lle afectan esas medidas é aos pobos ruso, ucraíno e ao resto dos pobos europeos.

Xa sofremos a incremento dos prezos da enerxía, do combustible, dos alimentos, sen que iso vaia servir para que Rusia recapacite.

POR QUE DICIMOS NON A ENVIAR ARMAS A UCRAÍNA?

Rusia é unha potencia militar nuclear. Nviar armas, moitas delas das que xa non utilizan os exércitos da UE, para llelas dar a poboación civil carente de formación no seu manexo só pode alongar a guerra e con iso o sofremento do pobo ucraíno.

É ademais un acto irresponsable, pois esas armas poden acabar nas mans do crime organizado internacional, do exército ruso e dos grupos paramilitares fascistas presentes en Ucraína.

PARA QUE SERVE QUE UNIDAS PODEMOS ESTEA NO GOBERNO?

É a principal garantía para que haxa un escudo social perante a nova crise, como a hoiubo perante a pandemia. Somos os que máis defendemos unha solución diplomática e negociada para parar a guerra.

A dereita e a ultradereita intentan botarnos do Goberno porque somos a garantía de que eles non gobernen nestes momentos difíciles.

QUE PROPOMOS PARA ACABAR COA INVASIÓN E COA GUERRA?

  • Resolver o conflito através do diálogo na ONU e a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa.
  • Acadar un acordo de seguridade e cooperación mutua e compartida entre Ucraína, Rusia e Europa, que desmilitarice Europa e a convirta nunha zona lebre da inxerencia dos EEUU.
  • Deter as sancións e o envío de armas e que a UE promova o diálogo.

Categorías:

Comparte: