COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

25 DE XULLO “POR UNHA VIDA DIGNA NO PAÍS, CONSTRUAMOS SOCIALISMO”

10 de setembro de 2019

Achegámonos a un novo 25 de xullo e a xente traballadora pouco temos que festexar.A falta de expectativas tras unha década de xestión da crise capitalista é marca de vida de miles de galegas e galegos.

O desemprego esténdese indiscriminadamente da man da destrución dos nosos exiguos sectores produtivos. Salarios de miseria asolagan o mercado de traballo. Traballar máis por menos imponse como norma. Pobreza e exclusión alcanza xa a un 22,6% da poboación galega, asalariados e pensionistas unha parte significativa. Os froitos da desposesión capitalista.
A nosa industria, outrora referencia pública de actividade e progreso, esmorece a marchas forzadas. Vulcano, Megasa, Poligal, R, un tras outroasistimos ao anuncio do desmantelamento de factorías e empresas coa pasividade cómplice das diferentes administracións. Consolídase a dependencia tecnolóxica e o carácter periférico do país.
Os servizos públicos deterióranse postos á venda ao mellor ofertante. Insuficiencias estruturais de persoal e medios, subfinanciación crónica, empeoramento das condicións profesionais e peche de servizos representan a realidade diaria nos nosos centros de saúde, nas nosas escolas, nos servizos de dependencia. A estratexia é clara, demoler o entramado público para xustificar a súa posterior entrega eespolio polos monopolios que operan no sector.
Continua a situación de desigualdades e violencia contra as mulleres, especialmente visibles no plano económico e material. Somos as que menos cobramos, nos peores traballos, soportando as cargas do traballo reprodutivo. Capitalismo e patriarcado mátannos tamén en vida.
Enxálzase o ideario da reactivación económica como mascaradada quebra dasrelacións laborais.Emprego que hoxemenos que nunca égarantíade protección social. E como o vai a ser se un de cada tres contratos asinados son de duración inferior á semana. Se os fraudes nas contratacións esnaquizan cada vez máis sectores. Se a explotación e precariedade campan as súas anchas polos barrios e vilas do país.
Pretenden convencernos que esta é a única orde social posible. Que non hai alternativa. Que a nosa clase, a maioría social traballadora, debe conformarseen sobrevivir sen dereitos.
Pero hai un país que moveuse, que levantou a voz, que fixo coa loita un chamadoá ruptura coas políticas que afogan ao paísna desazón, no empobrecemento,na submisión aos intereses dos grandes capitais europeos e os seus gobernos títeres en Galicia e España.
Unha Galicia que está a construírsena coraxe e vontade do cadro de persoal de ALCOA, na firme resistencia do persoal sanitario de PAC`s e ambulancias, na sororidade das trincheiras feministas erguidas o 8 de marzo, nas mozas e mozos que rexeitan ver o seu futuro truncado en casas de apostas e paro, nas riders, nas traballadoras do mar, nas teleoperadoras, nas dependentas, nas bombeiras forestais, nas camareiras de piso, nas estudantes e docentes…

En todo un pobo que non se resigna, que sabe que a soberanía non é máis que o dereito a forxar coas nosas mans un proxecto de vida digno.

Que se conquista coa loita decidida contra aqueles que nos veñen roubando o dereito a imaxinar unha sociedade poña no centro o reparto da riqueza, a igualdade entre pobos, a paz.
Un horizonte que ten nome de III República e de Socialismo

Categorías:

Comparte: