COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

QUE NON TE ENGANEN: A VIOLENCIA TEN XÉNERO

18 de novembro de 2022

 

Este 25 de novembro volvemos saír ás rúas porque queremos a paz na vida das mulleres. Unha vide libre de violencias machistas para todas.

As mulleres estamos no punto de mira da alianza criminal do patriarcado e o capital polas nosas reivindicacións e o modelo de sociedade a que aspiramos. Un modelo que sitúa a vida no centro, que confronta totalmente co rol da muller e a familia patriarcal que a extrema dereita e o fascismo defenden.

Por iso, aínda se segue a negar a existencia da violencia de xénero mentres 1.167 mulleres foron asasinadas desde 2003, data na que se comezaron a contabilizar os asasinatos de mulleres polas súas parellas, ou exparellas, e xa son 38 no que levamos de ano, dun total de 76 feminicidios.

Quen nega a violencia de xénero mente. Porque os casos activos por violencia de xénero no noso país, a 31 de agosto, eran 74.488 (un 16,96% máis que o ano pasado). Porque 42.657 mulleres viven con protección policial por risco de violencia machista (un 17,84% máis que o ano pasado). Porque, só no mes de agosto de 2022, se recibiron 10.415 chamadas ao 016 (un 33,83% máis que no mesmo período do ano anterior). Porque o servizo telefónico de atención e protección para víctimas de violéncia de xénero (Atempro) tivo, a 31 de agosto, 17.281 usuarias activas. Porque hai 5.691 casos de menores activos co sistema de seguimento de violencia de xénero. Porque en España 361 menores quedaron en situación de orfandade desde 2013 -data en que se incluiu este dato na violencia de xénero-, 24 deles no ano 2021.

Que non te enganen: a violencia ten xénero.

A trata, a prostitución, a pornografía, a explotación reproductiva, a ablación e os matrimonios forzados existen e en situacións de violencia aumentan: guerras, pobreza, desigualdade e exclusión social son os seus grandes aliados.

A violencia obstétrica tamén existe. Unha violencia percibida en España por ata un 67,4% das mulleres, segundo un estudo transversal realizado en 2019.

A xustiza patriarcal segue cuestionando e criminalizando as mulleres. Vémolo en María Salmerón e Juana Rivas, condenadas por protexer os seus fillos e fillas de maltratadores. Hoxe en España hai 47 nenos e nenas que foron asasinados polos seus pais en venganza e o 44% dos asasinatos de violencia vicaria producíronse durante o réxime de visitas ao pai biolóxico, segundo un estudo da "Asociacion de Mujeres Psicología Feminista".

Non é casual que o patriarcado se rebele contra o feminismo negando a violencia machista, unha forma máis de violencia. Porque, coa Lei do Aborto, o patriarcado deixou de ter o control dos corpos e das vidas das mulleres. Porque coa Lei do Só Si é Si se recoñecen as violencias sexuais e se deixa de cuestionar as mulleres. Porque coa Lei LGTBI se respecta a orientación sexual e a autodeterminación da xente. Porque co Plan Camiño e a Lei de Trata se abre a vía para acabar con outras violencias como a trata e a prostitución. Porque con medidas feministas o patriarcado cambalea, mais, para que acabe por cae, é imprescindible que as políticas feministas impregnen todo o aparato do Estado e que os encargados de aplicar as leis se teñan formado de xeito obrigatorio en feminismo.

O patriarcado rebélase e inventa novas formas de violencia como o acoso sexual por razóns de sexo nos centros de traballo, os pinchazos nocturnos, a introdución de burundanga nas bebidas para realizar agresións sexuais, as violacións en manada... Mesmo, a nova moda de rechazar as mulleres que queren sexo con preservativo.

Neste 25 de novembro, o PCE fai un chamamento á mobilización organizada para denunciar as violencias contra as mulleres e evidenciar que quen as nega está a mentir.

Categorías:

Comparte: