COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Resolución contra a Universidade Privada de ABANCA

30 de novembro de 2022

Dende o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista opoñémonos á creación da Universidade Privada de ABANCA. Este proxecto supón o enésimo mecanismo de intromisión das empresas na educación no noso país,  como parte dun proceso amplo de tanto leis como proxectos privados que entendemos nace co Plan Bolonia.

Esta tendencia privatizadora, titorada pola Xunta de Galicia, é unha resposta ás necesidades das empresas galegas que, véndose incapaces de completar o ciclo de valorización e debido ao decrecemento da taxa de gañanza, tentan instrumentalizar a educación para adecuar aos futuros membros da clase obreira ás súas necesidades.

Hai que incidir por outra banda na fenda de clase que a creación desta universidade supón, permitindo a aquelas mozas de maior capacidade adquisitiva ou doutro estrato de clase ter vantaxes á hora de acceder ao mercado laboral con respecto ás fillas da clase traballadora. Entendemos que estamos vivindo un proceso onde o tecido produtivo é incapaz de asumir tal cantidade de man obra cualificada.

A nivel institucional, o discurso en torno á universidade por parte da Xunta segue a ser o mesmo que durante a última década. Segue vendéndose o modelo universitario galego como un exemplo para o resto do estado utilizando para iso enormes capas de maquillaxe que tapan a realidade. Mais alá do manido discurso das taxas universitarias, as institucións universitarias venden ás 3 universidades galegas como o cúlmen da innovación e da tecnoloxía cando todas somos conscientes de que isto dista moito da realidade das nosas aulas. Para exemplificalo, podemos ver isto na creación dos novos graos que se están implantando actualmente no sistema universitario galego ou na creación da cidade das TIC na UDC. Esta suposta “innovación” non é mais que unha adaptación as necesidades actuais do capitalismo e unha burda improvisación das universidades que pouco ou ningún marxe de beneficio nos deixa ás estudantes que nos vemos sometida a un vaivén de modas capitalistas sen a capacidade de poder optar a unha formación superior integral, universal e de calidade.

Categorías:

Comparte: