COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Resolución do XVI Pleno do Comité Nacional do Partido Comunista de Galicia sobre 12º Congreso Nacional de CCOO

20 de maio de 2021

O XVI Pleno do Comité Nacional do Partido Comunista de Galicia saúda fraternalmente ao 12º Congreso Nacional de Comisións Obreiras que rematará o próximo venres 21 de maio.

 

O futuro da clase obreira galega está estreitamente vinculada ao futuro do Comisións Obreiras, polo que desexamos acerto ás compañeiras e compañeiras do Sindicato na resolución dos debates neste proceso congresual.

 

No Partido Comunista de Galicia recoñecemos a valía do traballo sindical. Un sindicato forte, unido e combativo é fundamental para afrontar con garantía a loita de clases. As organizacións obreiras son imprescindibles para que a traballadora e o traballador non se vexa impotente ante o sistema capitalista e Comisións Obreiras, coa súa impoñente maquinaria, é unha ferramenta moi valiosa para defender os nosos dereitos, sobre todo, no lugar de traballo.

 

Apostamos por un sindicalismo de clase, combativo, cohesionado e útil para afrontar e gañar os conflitos. Que priorice sempre os intereses da clase obreira, e as compañeiras e compañeiros de Comisións Obreiras poderán contar con nós neste obxectivo. A mobilización permanente é imprescindible para ampliar as conquistas sociais e o Sindicato é a ferramenta máis útil para organizala.

 

Estamos ante un momento crucial para o noso país. A xeración máis nova só coñeceu a crise como contexto económico. Agora, a punto de iniciarse a reestructuración postpandémica é máis necesario que nunca, é o momento preciso, no que as organizacións de clase traballen cóbado con cóbado para construír unha sociedade distinta. Un país baseado na industria, a planificación económica, o público e a sustentabilidade ambiental. Comisións Obreiras vai xogar un papel esencial no futuro do país. Como organizacións da clase traballadora debemos poñer toda a nosa enerxía e intelixencia en evitar que esta nova crise a volva a pagar a nosa clase.

 

Recoñecemos o peso histórico de Comisións Obreiras nos avances sociais e políticos dos últimos cincuenta anos. Sen a súa loita o noso presente sería moi distinto. Confiamos no Sindicato para seguir deseñando un futuro con máis dereitos e xustiza social.

 

O sindicato sempre poderá contar co Partido Comunista de Galicia na defensa dos intereses da clase obreira, na organización e na resposta aos conflitos. No PCG sabemos que os dereitos das e dos traballadores só se conseguen e se defenden con loita e, por suposto, Comisións Obreira sempre poderá contar co noso Partido para afrontala. Máis alá do resultado final do 12º Congreso Nacional de Comisións Obreiras, a nova executiva terá no Partido Comunista de Galicia un leal aliado no irrenunciable obxectivo de construír o socialismo. Dende o Partido Comunista de Galicia ofrecemos camaradería e traballo.

Categorías:

Comparte: