COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Rosalía sempre

23 de febreiro de 2022

 

En tal día como hoxe, 23 de febreiro, de hai 185 anos, naceu en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, quen foi, probablemente, a nosa escritora máis universal.

Foi perdendo peso esa negativa visión que se difundía da nosa excepcional poeta: a "santiña", a "chorona", a poeta popular que escribira versos folclóricos. Pero segue sendo preciso recordar que Rosalía foi moito máis que iso.

Non se pode negar a relevante presenza do folclore na obra rosaliana, nomeadamente nos Cantares gallegos, porque é evidente que o folclore, o mellor do folclore no seu sentido etimolóxico de sabiduría popular, está aí, para converter esa obra nunha espléndida epopeia do pobo galego.

Claro que hai folclore, mais iso non pode dar pé a converter Rosalía nunha escritora folclórica, co ánimo de infravalorar a súa obra.

As súas preocupacións literarias foron moito máis aló, empezando pola denuncia do papel que a sociedade lle tiña reservado ás mulleres escritoras, en particular, e ás mulleres, en xeral: "Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud" ("Lieders", 1858).

A súa obra supón a reivindicación da dignidade de Galicia perante os aldraxes; a dignificación do país, da cultura popular e do idioma; a soliedaridade coas clases máis desfavorecidas; a denuncia da discriminación e as explotación das mulleres, nomeadamente as do mundo rural; a denuncia da emigración, da marxinación, da miseria, das inxustizas sociais...

Unha cousa que non se debe perder de vista é que Rosalía foi a primeira dos escritoras e escritores en facer literatura desde unha perspectiva galega e en galego.

O que non é, precisamente, pouca cousa.

Categorías:

Comparte: