COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Saúdo do camarada Xesús Alonso Montero

6 de decembro de 2022

Camaradas:


Entristéceme non estar convosco na clausura do Congreso do noso Partido, pois, con anterioridade, contraera o compromiso de intervir na presentación dun moi importante documental, realizado polo noso compañeiro Roi Cagiao, sobre a folga, en Vigo, de setembro de 1972, un feito histórico protagonizado, como sabedes, na súa organización e orientación, por camaradas nosos (Waldino Varela, Carlos Núñez, Pilar Pérez, Margarita Rodríguez, Juan Benavides e outros e outras camaradas). Ben que sinto non acompañarvos hoxe.


Mándovos desde Vigo, cun saúdo, unha mensaxe que, se mo permitides, cómpre termos moi en conta:
Desde a Guerra Civil, o noso Partido ten experimentado algunhas derrotas, e non son estes os mellores tempos para nós, pero non esquezades, compañeiras e compañeiros, que somos soldados derrotados dunha causa invencible.

Camaradas, saúde e República!,

 

Xesús Alonso Montero

Categorías:

Comparte: