COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Sobre o Partido

O Partido Comunista de Galicia (PCG) é unha organización nacional e de clase, a organización galega do Partido Comunista de España

Partido Comunista de Galicia

O Partido Comunista de Galicia (PCG) é a organización galega do Partido Comunista de España. Unha organización nacional e de clase constituída para o desenvolvemento da política e estratexia das comunistas sobre a base das características sociais, económicas, culturais e políticas de Galicia.

O PCG aspira á toma do poder político, ao control da actividade económica e á superación do sistema capitalista, coa mirada posta na construción do socialismo en Galicia e España, como contribución a un socialismo mundial que signifique a emancipación do xénero humano. Para a consecución dos seus obxectivos, organiza a reflexión colectiva e acción dos seus militantes en torno ás mobilización e loitas dos traballadores e traballadoras, así como dos sectores da cidadanía máis progresistas e combativos para a construción dun bloque social antagonista fronte ao sistema capitalista.

O PCG basea o seu análise da realidade e a súa práctica política nas achegas do marxismo-leninismo e o socialismo científico, tradicións que se enriquecen e renovan constantemente e inspiradoras do pensamento universal crítico, así como das prácticas revolucionarias, antimperialistas e de liberación dos pobos, facendo seus os principios que atravesaron historicamente aos movementos comunistas que contribuíron ao progreso da humanidade, en especial, a equidade, a igualdade de xénero e a obriga ética de construír un modelo social e político respectuoso da vida e do planeta.