COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Traballador ferido nun accidente laboral en Navantia

24 de novembro de 2022

Un traballador da firma auxiliar Indasa resultou ferido este luns no estaleiro ferrolán de Navantia tras sufrir unha caída no dique seco.

De acordo coa información facilitada pola propia Navantia, o ferido -que foi trasladado ao hospital Marcide- permaneceu consciente en todo momento, e a empresa abriu unha investigación para determinar as circunstancias exactas nas que se produciu o suceso. O traballador sofre unha fractura de cadeira e a rotura dun nocello.

Unha vez máis, os traballadores sofrimos o resultado das xornadas excesivas, das presas, da explotacion e da precariedade que acarrea a subcontratación e o modelo de privatización encuberta que segue a direccion de Navantia e a SEPI.

Non son accidentes laborais, é #TerrorismoPatronal.

Enlaces:

 

 

Categorías: Ferrolterra

Comparte: