COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Un novo asasinato da burguesía

25 de xaneiro de 2024

Onte tivemos que lamentar, unha vez máis, a morte "accidental" dun obreiro na Valdeorresa hidroeléctica de Rubiá ao quedar atrapado o seu corpo nunha máquina nunha máquina. Entrecomillamos accidental, pois se ben é certo que a meirande parte deles aparentemente o son, habería que preguntarse se tería sucedido o mesmo de darlle ao drama da siniestralidade laboral a importancia que merece.

Onte tivemos que lamentar, unha vez máis, a morte "accidental" dun obreiro na Valdeorresa hidroeléctica de Rubiá ao quedar atrapado o seu corpo nunha máquina. Entrecomillamos accidental, pois se ben é certo que a meirande parte deles aparentemente o son, habería que preguntarse se tería sucedido o mesmo de darlle ao drama da siniestralidade laboral a importancia que merece.

Só en Galicia entre xaneiro e xullo de 2023 (últimos datos actualizados) morreron 31 traballadoras no seu posto de traballo. Estes son os datos infalseables, pero que pasa con todos aqueles accidentes laborais que non causan a morte? É coñecida a práctica das grandes empresas que acultan accidentes nas súas plantas ofrecendo indemnizacións en negro ás traballadoras para que estas non denuncien o accidente e desta forma non ter que gastar cartos en novas medidas de prevención, expoñendo a saúde da clase obreira co obxectivo de maximizar os seus beneficios.

Non imos demandar dende o PCG máis inspeccións de traballo e un maior control cara as empresas, pois nula é a confianza que temos no Estado cando se trata de defender á clase obreira por riba dos beneficios da burguesía. Somos a clase quen debemos organizar a resposta nos nosos centros de traballo contra esta morte por goteo que nos impoñen: carga de traballo superior á que se pode desenvolver no turno, presión para sacalo adiante ás presas, xornadas de 8 horas que sempre parecen 10, vulneración dos descansos, e un longo etcétera que pouco a pouco vai aumentando o risco de perdela saúde ou vida no traballo.

Basta xa.

Traballar mata.

Non somos carne de canón.

Categorías:

Comparte: