COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Valoración do acordo para o convenio do metal acadado para a provincia de Pontevedra

12 de maio de 2021

Dende o PCG queremos facer público un conxunto de valoracións ao respecto do acordo do convenio do metal asinado na provincia de Pontevedra:

1º Cremos que é un erro asinar a eliminación do pago mensual da indemnización por contrato eventual. Corremos o risco de que os traballadores das empresas auxiliares e aqueles temporais se vexan afastados das estructuras sindicais. Chegando así a unha nova división, esta vez organizativa, da clase obreira. Somos conscientes de que o cobro desta indemnizacion ao final do contrato pode chegar a perderse pola chantaxe dos empresarios, pudendo ameazar aos traballadores con non volvelos a contratar.

2º Esta perda de diñeiro mensual afectaría ás baixas por incapacidade temporal. Ao eliminar a indemnización mensualmente redúcese a base de cotización do traballador de cara a situacións de incapacidade temporal. Nun sector como do metal cun alto risco de accidentabilidade e de enfermidades profesionais, son os traballadores eventuais, cunha maior situación de precariedade, o persoal máis proclibe a sufrir estes procesos de incapacidade temporal e por conseguinte ver reducida a súa base de cotizacion ao eliminar esta indemnización.

3º En canto ás formas nas que se negociou o convenio, cremos imprescindible que os sindicatos recuperen o seu caracter democratico e asambleario, no seu sentido más amplo. Levando ás bases do sindicato os debates, sobre todo en casos como este. Asi mesmo chamamos ao conxunto das traballadoras a permanecer unidas e a traballar nos seus espazos sindicais de base, pulando por colectivizar, democratizar e cohesionar estes espazos ante os ataques e recortes de dereitos promovidos pola patronal.

Por estos motivos somos contrarios a la firma del Convenio del Metal.

 

 

Categorías: Vigo

Comparte: