O Partido Comunista de Galicia manifesta o seu apoio total á plantilla do centro loxístico de Amazon en O Porriño.
O comité de empresa leva semanas tentando abrir unha mesa de negociación para mellorar as condicións laborais da plantilla. A resposta da empresa: a negativa a negociar. Amazon é unha das corporacións máis poderosas e rendibles do mundo. Pode permitirse —e debe permitirse— ofrecer condicións por riba do convenio á súa plantilla. Que se negue a facelo non é unha cuestión de incapacidade, é unha cuestión de vontade.
A relación entre traballadores e empresa non é unha relación entre iguais. Fronte ao poder do capital, a clase traballadora só pode facer valer a súa voz mediante a organización e a loita colectiva.
Por iso apoiamos a folga. Por iso estamos con elas e con eles, cos traballadores e traballadoras de Amazon O Porriño.
Partido Comunista de Galicia




