O Partido Comunista de Galicia denuncia o acoso prosionista ilegal e inadmisible da Xunta de Galicia sobre inspectores de educación e profesorado, para evitar simboloxías de apoio á causa palestina como bufandas, panos ou pancartas así como outros contidos académicos oportunos.
Denunciamos a hipocresía institucional do PP gobernante dado que na lexislación escolar vixente contémplanse como obxectivos irrenunciables a educación en valores tales como a educación emocional, sobre dereitos humanos, sobre resolución pacífica de conflitos, pola paz e contra a violencia, solidariedade ou xustiza.
Resaltamos o alto nivel pedagóxico das prácticas comprometidas de profesorado e do alumnado, polo seu efecto modelado, fronte a submisión e a aprendizaxe libresca desconexionada da vida real.
Denunciamos tamén a mala educación da propia lexislación española que permite o adoctrinamento relixioso na etapa do ensino obrigatorio, con manuales escolares nos que se contemplan os terreos palestinos e outros lindantes como unha adxudicacion divina aos xudeos, Algo contrario ao tratamento cientifico no ámbito escolar das mitoloxías e relixións.
Recomendamos ao persoal de inspección e profesorado exixir que as ordes administrativas ao respecto veñan por escrito e debidamente asinadas, para logo facelas públicas e denunciar o acoso.
Chamamos a claustros e ANPAS a pronunciarense solidariamente contra o xenocidio palestino.