COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Declaración do PCG de Ferrolterra en apoio ó camarada Cubero

5 de setembro de 2022

Alberto Cubero é militante e Secretario Xeral do PCE Aragón, concelleiro en Zaragoza e ten unha traxectoria intachable de loita polos dereitos da clase traballadora. O 15 de setembro, o noso camarada vai ser xulgado por unha querela impulsada pola banda fascista VOX que lle acusa dos “delitos” de “odio” e “apoloxía do comunismo” por unhas declaracións no Pleno do Concello de Zaragoza:

"Me encanta debatir con Vox de politica fiscal y de soberania nacional con la Union Europea, porque se les cae la careta. Y les pasa lo que les pasa, que van a Vallecas y que los reciben como los reciben y que solo tienen posibilidad de hacer mítines en el barrio de Salamanca y en la zonas ricas de Madrid. Porque son esos a los que ustedes defienden, a los cuatro ricos de las grandes ciudades. Y luego cuando van a los barrios humildes les pasa lo que les pasa. Ojalá les pase, lo que les pasó en Vallecas, en toda España”

A querela é un paso máis cara a persecución da esquerda combativa en España e Europa. Desarmar á clase traballadora e criminalizar a quen protesta é unha estratexia do fascismo pero tamén é compartida polos colaboradores necesarios da ultradereita: os que din ser de esquerdas pero que apoian alegremente propostas fascistas no parlamento europeo como equiparar nazismo e comunismo ou os que non derogan leis reaccionarias contra os traballadores como a Lei Mordaza.

A historia se repite. Retornan tempos convulsos onde non cabe a indiferencia, ese peso morto da historia. O fascismo está de volta porque as masas abdican da súa vontade e permiten a promulgación de leis que só a revolta poderá derogar. Temos que dicir basta, porque o fascismo vai levar por diante a todos: ó que consinte, o mesmo que o que disinte; ó que sabía e ó que non sabía; ó activo e ó indiferente.

"El fascismo eterno aún nos rodea, aunque lleve traje de paisano. Puede volver en cualquier momento, aunque se disfrace de las formas más inocuas. Nuestro deber es detectarlo, quitarle la máscara y denunciar en voz alta cada una de sus acciones.”
Umberto ECO

O Núcleo Comarcal de Ferrolterra do Partido Comunista de Galicia declara o seu férreo apoio ó camarada Alberto Cubero. Facemos nosas as súas palabras.

Declaramos que o fascismo é o principal inimigo da clase traballadora e como tal debe ser combatido e eliminado en todos os ordes da vida e con todos os medios ó noso alcance.

En Ferrol, a 5 de setembro de 2022

Categorías: Ferrolterra

Comparte: