COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Ferrol - Actos do PCG este 14 de Abril 2023

15 de abril de 2023

Este ano, o Comité Comarcal do Partido organizou unha serie decsctos e actividades para celebrar o aniversario da proclamación da II República.

Primeiramente, ás 18:30 horas, nos muros do Baluarte de Canito tivo lugar unha ofrenda froral ós caidos na defensa da liberdade, a democracia e a República. O noso Secretario Comarcal, Alejandro del Río, deu lectura a un manifesto (O compromiso do 14 de Abril) onde este ano se lembrou as figuras de José Diaz, as Brigadas Internacionais e en especial o cento de brigadistas chegados dende China. Tamén se lembrou os mugardeses Amada García e Juan Prieto Balsa e os camaradas de Ferrol, pai e fillo, Benigno e Conrado Fraga.

Posteriormente a este acto, na Sociedade Canido tivo lugar a presentación do libro de ciencia ficcion Todos los dioses del hombre. O autor, Julián Rodríguez Novo foi introducido polo camarada Xosé María Dobarro. A obra relata unha distopía futurista nunha sociedade opresiva e deu pé a unha animada e interesante presentación e posterior debate, tras do cal o autor asinou o libro ós asistentes.

Para rematar, no ambigú da Sociedade Canido foi servido un aperitivo e os camaradas e público presente tivo oportunidade de charlar animadamente ate ben entrada a noite.

Categorías: Ferrolterra

Comparte: