COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies
Tras un periodo de traballo Comisión Xestora, coa misión de recuperar a actividade do núcleo, o Comité Comarcal de Ferrolterra abandona a provisionalidade e se constitue oficialmente en Febrero de 2023.
O núcleo do partido en Ferrol ten estructura comarcal e ten como área de traballo os concellos de Ares, As Pontes, As Somozas, Cariño, Cabanas, Cedeira, Pontedeume, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño.
A nosa comarca conta cunha longa tradición de esquerdas e de ligazón ó movemento obreiro, como non podía ser de outra maneira polo peso da tradición industrial dos asteleiros de Astano e a Bazán (hoxe integrados en Navantia), asi como toda a industrial auxiliar do naval e outras situadas nos numerosos polígonos industriais: A Gándara, Río do Pozo, Vilar do Colo, As Somozas ou Os Airíos.
Nos concellos limitrofes a estructura economica muda cara o sector agricola, gandeiro e de servizos, con casos como As Pontes, de tradicion mineira e enerxética pola presenza da mina e a central de Endesa, ou As Somozas, onde o seu polígono industrial a convirte nun polo de actividade e emprego no interior.
A sede comarcal do partido se atopa no entrechán esquerda do número 124 da céntrica Rúa do Sol en Ferrol. Esta sede, de propiedade do partido, foi mercada hai moitos anos grazas o esforzo de moitos camaradas que fixeron xenerosas doazóns. A sede conta cun pequeno salón de actos e biblioteca, sala de xuntas, oficina, arquivo e servizos.
Unha das datas sinaladas no noso calendario local é o 10 de Marzo, onde conmemoramos os feitos acaecidos no ano 1972, co conflicto laboral e social da Bazán, onde foron asasinados pola Policia os compañeiros traballadores Amador e Daniel. Dada a relevancia histórica destes feitos, a data pasou a conmemorarse en toda Galicia como Dia da Clase Traballadora Galega.