Celebrouse en Ferrol o acto anual de homenaxe ó cámara José Couso e o seu compañero Taras Protsyuk, ó se cumpliren 21 anos do seu asasinato durante a cobertura da ilegal invasión de Irak por parte de EEUU. O acto tivo lugar na Praza da Paz, que lembra ó reporteiro no barrio de Esteiro.
A similitude co conflicto en Israel, onde os genocidas sionistas están a asasinar selectivamente a periodistas, volve recordar o crime de guerra que nos arrebatou a Jose Couso.
Durante a lectura do texto sinalouse que a familia de José Couso continúa a loita para que "máis pronto que tarde volva a cordura ás institucións encargadas de investigar, reparar e facer xustiza para un ciudadano asasinado por exercer a libertade de prensa e información".
HOMENAXE EN OLEIROS
Por outra banda, familiares e amigos do reporteiro se concentraron en Oleiros para pedir xustiza polo seu asasinato.
Durante 20 años teñen repetido a súa protesta ante a embaixada dos Estados Unidos, en Madrid, pero desta volta o acto homenaxe se trasladou a Galicia, ó parque que leva o nome de José Couso en Oleiros