COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Vigo | O PCG contra o desfile das FFAA en Vigo.

27 de maio de 2026

Esiximos a saída do estado da OTAN, o desmantelamento das bases dos EEUU en España e retirar o apoio ao ataque occidental en Ucraína

No PCG na comarca de Vigo, perante a celebración do desfile das Forzas Armadas na nosa cidade o vindeiro 30 de maio, queremos amosar o noso rexeitamento á política internacional e de defensa que está a levar a cabo o Goberno de España, nunha fase de especial tensión bélica.

Ao tempo que se emiten declaracións baleiras de “non á guerra” dende o executivo, non podemos esquecer que seguimos dando apoio a Ucraína, tanto con envío de tropas como de material militar e axuda económica, o que chega ata os 4.000 millóns de euros. Por outra banda, España lidera un grupo de combate internacional en Eslovaquia, ademais de ter presenza tanto na rexión do Báltico coma en Romanía. Tamén adestra aos soldados ucraínos no noso territorio –moitas veces alistados no seu país contra a súa vontade–

 Todo este gasto vai en detrimento do investimento en educación, sanidade e servizos sociais, ao tempo que a situación de guerra provoca unha suba nos prezos dos bens básicos, o que repercute no poder adquisitivo da nosa clase. Todo Isto por unha guerra proxy dos EEUU que decidiu deixar nas mans dunha Unión Europea cada vez máis entregada ás súas políticas belicosas.

Hai 40 anos que tivo lugar o referendo sobre a entrada na OTAN, que incluía como condicións a non incorporación á estrutura militar nin a instalación de armas nucleares, que non se cumpriron.

Diante deste estado de cousas, non vemos axeitado que se faga unha exhibición do noso poder militar, xa que o estamos a ver como un elemento belixerante e non de defensa do noso territorio. Esiximos á UE que abandone a súa submisión á OTAN e que se priorice a vía diplomática para que se produza un alto ao fogo inmediato e o inicio de negociacións de paz. A OTAN é o brazo armado do imperialismo, unha ferramenta para o sometemento dos pobos aos intereses da clase capitalista occidental. A clase traballadora debe organizarse e loitar para que esta organización desapareza. Esiximos ao Goberno a saída inmediata de España da OTAN e o desmantelamento das bases estadounidenses do noso territorio

 

Categorías:

Comparte: