COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Dende Compostela, escoitouse alto e forte un rotundo NON A ALTRI

30 de xuño de 2024

Este pasado domingo día 30 de xuño, milleiros de persoas rodearon a Xunta para rexeitar o Proxecto GAMA en Palas de Rei nunha mobilización histórica!

A manifestación foi un éxito sen discusión, con máis de 30.000 persoas, deixando claro o rexeitamento popular a un proxecto que ameaza a nosa biodiversidade e os nosos recursos naturais.

Así é todo, temos que ver o ninguneo do Presidente da Xunta. É inaceptable que Rueda se negue a dialogar coas manifestantes e desacredite as súas preocupacións, volvendo facer gala dos seus verdadeiros intereses: vender o territorio aos grandes capitais.

Desde o PCG, asistimos á manifestación porque concordamos co rexeitamento a un proxecto depredador dos nosos recursos e seguiremos defendendo unha Galicia industrializada, sostible e xusta, onde os nosos recursos sirvan só para a mellora da calidade de vida da clase obreira

 #NonAoProxectoGAMA

Categorías:

Comparte: