COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

INTELCIA: Os vosos BENEFICIOS cos NOSOS SACRIFICIOS.

8 de agosto de 2022

Traballadoras e traballadores de Intelcia están a queixarse de reducións no salario percibido no pago da nómina do mes de xullo. Un mes no que se inclúe unha actualización do 2,5 de subida do salario base polo aumento do IPC. Non deixa de sorprender que sempre se equivoquen en contra dos e das traballadoras.

Sabemos tamén que para compensar un día festivo traballado, a empresa moitas veces non permite elixir o día de compensación. Coa desculpa de que non hai cota, rematan por concederlle un día ao antollo da patronal, tras denegarlle ao teleoperador/a cinco ou seis peticións anteriores.

Estes conflitos veñen da man da continua sobrecarga laboral e os avisos de sancións -por excederse no tempo de descanso ou nunha PVD, por non estar en cociente de venda, etc.-

Provocando continuas baixas médicas. Así, a empresa arrinca da carne e suor dos e das traballadoras o aumento dos beneficios empresariais.

Intelcia foi vendida hai case un ano a unha multinacional marroquí por 200 millóns de euros. Pero a patronal continúa coas mesmas prácticas que a anterior dirección.

Desde aquí animamos como partido a que as traballadores e traballadores se afilien a un sindicato e denuncien estes abusos continuos e sistemáticos. E volveremos apoiar as folgas e mobilizacións por un convenio digno en telemarketing, como xa o fixemos o 13 de xuño, no caso de que en setembro a patronal non  chegue a un acordo cos sindicatos na mesa negociadora do convenio.

OBREIRA DE INTELCIA SE NON LOITAS NINGUEN CHE ESCOITA

VIVA O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA.

 

 

Categorías:

Comparte: