COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Manolito Bello homenaxeado polo Partido Comunista de GaliciaI no 75 cabodano no seu asasinato

8 de xullo de 2021

Este xoves, 8 de xullo, como cada ano por estas datas, a militancia do Partido Comunista de Galicia na Coruña lembrou ao camarada Manolito Bello, no 75 cabodano do seu asasinato.

Persoeiros do PCG achegáronse ao Cemiterio de Oza nesta data sinalada, nunha mostra de recoñecemento e lembranza a un militante que traballou incansablemente polo Partido nas máis complexas das circunstancias: como membro do aparato de propaganda ou como guerrilleiro no destacamento Líster da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.

O derradeiro desexo de Manolito Bello foi que na súa tumba se puxese unha estrela vermella de caraveis. A súa moza, Carmiña Sousa, cumpriu con esta vontade, incluso superando a persecución da Garda Civil. Cada ano, arredor do 11 de xullo, o Partido Comunista de Galicia acode puntual a cumprir co desexo de Manolito, xunto con familiares do finado e membros de outras organizacións irmás.

Este 2021 a lembranza de quen loitou pola democracia e o socialismo en España é fundamental. A irrupción da estrema dereita na vida política reforza as mentiras sobre a Guerra Civil e a posterior represión franquista. As pulsións de franquistas do Partido Popular reaparecen de cando en cando, como amosaron recentemente as declaracións do seu presidente, Pablo Casado, insinuando que a República foi responsable do golpe do 36.

Xunto coa merecida lembranza dun militante exemplar, o Partido asume a tarefa de continuar nas condicións presentes a loita desenvolvida de forma tan tenaz polo propio Manolito e tantos outros militantes comunistas.

Categorías:

Comparte: