COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Presentación do libro ¿Dónde está nuestro pan?, de Abel Aparicio, na Coruña

6 de decembro de 2022

O pasado 18 de novembro de 2022, o Partido Comunista de Galicia, en colaboración coa Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, organizou a presentación do libro “¿Dónde está nuestro pan?”, de Abel Aparicio, escritor leonés comprometido que ten varias obras publicadas, algunhas en lingua llionesa. A presentación tivo lugar no Local de Os Maracos.

Aparicio enmarca a súa novela, organizada en tres relatos, tres historias reais moi ben documentadas, con textos xudiciais da época, entrelazándoas para trasladarnos a través da novelización a aqueles momentos de medo e de loita. Pero o destacable da súa obra é o indiscutible protagonismo das mulleres desta comarca obreira e mineira, que non se amedrentaron pese ao duras que podían ser as consecuencias: pois loitar, por aquel entón, significaba o cárcere, o exilio, a separación das familias ou a morte.

É significativo este protagonismo feminino, pois durante moito tempo as mulleres foron certamente esquecidas na memoria histórica: escoitamos grandes relatos de guerrilleiros valentes que sacrificaban todo para acadar un mundo mellor, mais esquecimos aquelas que, acostumadas a silencios atronadores, aturaron toda a carga da retagarda, que non deixaba de ser tamén unha fronte de combate: terror, represión, ausencia e pérdida de seres queridos, e por riba mantendo as familias con escaseza de alimentos e salarios moitísimo máis baixos que os dos seus camaradas masculinos. Moitas delas foron tamén o soporte e contacto dos guerrilleiros que se escondían nas fragas e nos montes. Por riba do mesmo trauma e dor da morte, estas mulleres soportaron o racionamento, a represión, a misoxinia, e permanecer caladas. Porén, a novela de Aparicio fala daquelas que non calaron e que, como noutras revolucións da historia, saíron á rúa no peor dos tempos, a Posguerra franquista, sinxelamente a esixir a súa xusta ración de pan. Tanto elas como as outras mulleres da novela sacaron forzas para enfrontarse ao poder pese ao medo: o poder fascista, o capitalista e o masculino. Por último, Aparicio amosa como, sendo a Historia unha cadea de causas e consecuencias na que os actos dunha xeración reflíctese nas seguintes, estas loitadoras transmiten a súa determinación aos seus descendentes, lembrándonos que debemos seguir a loitar hoxe polo que é xusto.

A presentación comezou coas verbas do presidente da CRMH da Coruña, Fernando Souto. A camarada Aurora Paz, membro da Xunta Diretiva da CRMH, Aurora Paz, destacou o importante rol das mulleres na memoria histórica. Acto seguido, o autor, Abel Aparicio, presentou a novela e comentou  a documentación que lle inspirou para creala, as entrevistas que fixo ás persoas protagonistas dela (ás que lle mudou o nome na súa obra), e a importancia de rescatar estas historias de vida e de loita antes de que caian definitivamente no esquecemento. Por último, realizouse unha rolda de preguntas nas que algún dos asistentes relatou as historias da represión na súa propia familia, tamén orixinaria da rexión de O Bierzo.

Como dicía Saramago, “debemos recuperar, manter e transmitir a memoria histórica, porque se empeza polo esquecemento e se remata na indiferenza”. Somos as fillas e fillos daqueles que nos precederon e nos deixaron as súas ideas e espírito loitador. Recuperar as historias das mulleres que pugnaron por legarnos unha vida máis xusta é unha obriga urxente dos traballos de memoria democrática. Transmitila mediante a divulgación ou os actos de lembranza e de camaradería, é un deber indispensable de organizacións como o Partido Comunista de Galicia.

 

Sinopse do libro (castelán): “¿Dónde está nuestro pan? es un libro de tres relatos en los que Abel Aparicio se sumerge, desdibujando la frontera entre realidad y ficción, en la crudeza de la guerra civil y en el desolador ritmo marcado por el franquismo en la posguerra. Tres historias que se adentran, en parajes ensombrecidos por la soberbia de los vencedores pero iluminados por el valor, la tenacidad y la perseverancia de los derrotados. El autor construye su territorio literario sobre la realidad de unas comarcas en las que ubica un amplio abanico de personajes que le sirven como altavoz de la memoria. Seres que han dejado un legado de dignidad que ahora, en la más rabiosa actualidad, es recogido por jóvenes que continúan la lucha por el mantenimiento de una sociedad más justa y libre. Dos nexos conectan los tres relatos: por un lado la mina, motor económico de la tierra leonesa y caldo de cultivo de un vínculo obrero que trascendía más allá del tajo, y por otro la incuestionable importancia de la mujer en contextos como el medio rural, las políticas de cercanía o la preservación de los ideales que el régimen aplastó salvajemente. Mujeres que plantan cara a la hostilidad, que se dejan la piel en trabajos de extrema dureza, que son capaces de unirse, ayer y hoy, para crecer y para vencer”.

Categorías: A Coruña

Comparte: