Pasan o tempo e a crise do sector industrial galego agudízase. Os conflitos que se están a sufrir en Alcoa San Cibrao e en Alu Ibérica, durante xa moitos meses, da boa proba diso.
Os traballadores de Alcoa levan meses loitando contra un ERE proposto pola empresa e buscando unha solución que manteña todos os postos de traballo, así como un proxecto de futuro que dé viabilidade á empresa. En cambio, nos últimos días as estratexias especulativas entre grandes multinacionais está poñendo en perigo a continuidade da factoría e o futuro económico de centos de familias de A Mariña.
Mentres, os traballadores de Alu-Ibérica loitan dende abril para visibilizar a turbia e opaca operación de compraventa realizada durante o estado de alarma. Lembremos que a principios de ano Panter Capital vendeu gran parte da súa participación da empresa ao Grupo Industrial RIesgo. Só un ano antes, Panter Capital adquirira a empresa á multinacional norteamericana Alcoa baixo o compromiso de desenrolar un plan de futuro para factoría de A Coruña. Pasa o tempo e as inversións prometidas non se materializan, e os traballadores de Alu Ibérica esixen que o acordado en 2019, tras a venta de Alcoa a Panter Capital, sexan executados.
A operación pola cal RIesgo se fixo co control da empresa ten características moi inquietantes e opacas.Dende o Partido Comunista de Galicia queremos amosar a nosa admiración pola loita incansable dos traballadores de Alu Ibérica e solidarizarnos ante o acoso constante que levan meses sufrindo só por tratar de defender os acordos alcanzados, no seu momento, por todas as partes.Especialmente queremos manifestar a nosa simpatía e solidariedade polo presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, polas represalias recibidas dende empresa só por dicir en voz alta o que todos pensamos e por deixarse a pel na defensa dos postos de traballo e en garantir un futuro para a industria galega. O Grupo Industrial RIesgo debe asumir os compromisos adquiridos na compra da empresa ou, senón, as autoridades deberían tomar as medidas necesarias para que ditos compromisos sexan respectados.
Unha vez máis, solicitamos aos gobernos central e da Xunta a implicación inmediata neste conflito. A gravidade e urxencia da situación esixe a intervención pública inmediata. As plantas de San Cibrao e A Coruña xogan un papel esencial nas economías das respectivas comarcas e tamén en todo o país, pero, ademais, débese entender que a produción de aluminio é estratéxico na economía europea. Foi unha irresponsabilidade privatizar o sector fai vinte anos, e sería unha absoluta necidade que os poderes públicos agora deixaran caer as factorías de Coruña e A Mariña.
As políticas de reconversión industrial das últimas décadas e o enfoque estratéxico do Estado da súa economía. Esta estratexia condenou a España e a Galicia a unha economía cimentada en torno ó sector servicios, inmobiliario e financeiro, derivando na perda de soberanía industrial, a conseguinte deslocalización da producción nacional cara outras rexións do mundo, a perda de traballos de calidade e a vulnerabilidade ante a coxunturas internacionais desfavorabeis como se demostrou nos últimos meses. Cómpre que o Estado retome as súas competencias en política industrial e poña na mesma os recursos necesarios para garantir primeiro os postos de traballo e segundo, brinde ó pobo galego e español de posibilidades de desenvolver unha industria acorde ás necesidades nacionais.
Dende o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista queremos mostrar a nosa solidariedade con Corbacho, os traballadores de Alu Ibérica e Alcoa San Cibrao, así como coas organizacións sindicais que os representan.