COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG homenaxea no septuaxésimo segundo cabodano a José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, asasinados pola ditadura franquista

15 de novembro de 2020

VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN MARCAN A REIVINDICACIÓN DA DIGNIDADE DA SÚA LOITA DEMOCRÁTICA 

A agrupación local da Coruña “Joaquín González, O Panadeiro” do Partido Comunista de Galicia e o Comité Comarcal da Coruña renden merecido ós camaradas loitadores antifascistas José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, membros da agrupación guerrilleira Galicia, que combatía ao franquismo nos anos corenta.

O mestre José Gayoso e o obreiro Antonio Seoane foron torturados e fusilados polos criminais franquistas. Pero non só eles, que xunto a outros homes e mulleres da Galicia e da España libre e democrática, caso de Juan Romero Ramos,  José Bartrina, José Rodríguez Campos,  Juan Martínez, José Ramos Díaz, María Blázquez, Clementina Gallego, Carmen Orozco e Josefina González Cudeiro,  sufriron a iniquidade da farsa xudicial franquista, a cal resiste nos anaqueis da inxustiza á anulación por parte do actual Estado que se reputa democrático. 

Nestes oito heroes e heroínas rendimos homenaxe ao mellor país aínda descoñecido, aquel que con esforzos e sacrificios extraordinarios  fixo posible a consecución dos dereitos e liberdades arrincados, loitados contra a ditadura. Loitaron mulleres e homes do pobo, e o fixeron de xeito heroico e sen esquecer o carácter desgraciado do país que precisa desa condición heroica, como advertira Bertolt Brecht. Porque non foron aventureiros á procura de emocións; nin moito menos bandoleiros como da maneira máis infame os acusaron. Eran traballadoras, obreiros, xente do pobo que saiu na defensa da dignidade, dereitos e honraadas inspiracións da clase traballadora en contra do golpe fascista auspiciado pola comunión das grandes fortunas do Estado, do exército de desclasados e do clero dispostos, como demostraron, a roubar as mínimas condicións de vida dun pobo ó que vían só como suxeito a ser esclavizado e servir como pezas dun engranaxe productivo cuio fruto non estaban dispostos a compartir. Como podemos apreciar as cousas mudaron só formalmente (incluso os máis descarados dos que estiveron sempre ahí agora desmárcanse do carreiro da prudencia e son quen de espirse do disfraz de demócratas liberais e amosar seu verdadeiro rostro; e con 52 deputados, ollo!)

Este ano a pandemia que estamos a sofrer non nos permitiu facer o acto anual no cemiterio civil de San Amaro e a ofrenda floral. Pero ningún virus nin continxencia nos fará esquecernos de render sentido e merecidísimo recordó e homenaxe ós nosos camaradas, que non son só nosos senón de todo o pobo traballador que loita pola xustiza, a liberdade e a dignidade das persoas.

Seguiremos na trincheira loitando polo restablecemento da normalidade, por que a lexitimidade democrática, a xustiza e o cumprimento da lexislación de memoria histórica se cumpra. Anular a totalidade dos xuízos políticos da ditadura franquista. Que os corpos dos asesinados pasen das cunetas a dignas sepulturas facendo xustiza ós requerimentos das familias. Que non se permita que prescriban os crimes de lesa humanidade. Que sexan devoltos á ciudadanía e ás institucións todo o patrimonio, fortunas expoliadas para disfrute da cidadanía e que as titulacións e honores sexan revocados. E que non se permita a ningún idiota borrar versos de Miguel Hernández da tapia dun cemiterio civil intentando igualar os asesinos cás vitimas, cós loitadores pola defensa da legalidade democrática e os dereitos da cidadanía.

Moito traballo resta por desenvolver en materia de memoria histórica e cultura antifascista. Pero o Partido Comunista non descansará na procura de Xustiza, Liberdade, Igualdade.. En definitiva na loita polo Socialismo.

Vivan Gayoso e Seoane!

Vivan os que morreron asesinados por loitar pola Liberdade e a Democracia!

Viva o Partido Comunista!

Categorías:

Comparte: