COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Resolución do XV Congreso: o Partido Comunista de Galicia apoia as mobilizacións en defensa da sanidade pública do vindeiro 30 de novembro

29 de novembro de 2022

A sanidade pública galega atravesa un periodo de grave deterioro producido polas políticas privatizadoras, de desmantelamento e de recortes que están a xerar non só unhas condicions laborais das traballadoras e traballadores cada vez máis pésimas senón tamén uns servizos cada vez máis precarios. Unha estratexia neoliberal que deteriora os diferentes servizos  da sanidade pública e a vez converte a sanidade nun negocio que termina sendo xestionada polas empresas privadas.


A pesar do reitarado discurso da dereita que quere pór o foco na falta de profesionais, o certo é que as administracións públicas invisten millóns de euros ao ano na formación de profesionais sanitarios que despois, debido á precariedade e á gran inestabilidade laboral, terminan por marchar cara ao sector privado ou ao extranxeiro á traballar. O cal supón un despilfarro de diñeiro público que en ningún caso reverte nunha mellora no sistema sanitario público galego. Mentras, os Centros de Saúde sofren unha continua sobrecarga asistencial, as listas de espera seguen sendo enormes existindo un grave problema de atención, as consultas telefónicas están substituindo a atención presencial, sófrese un grave deterioro da atención á saude mental, increméntase a fatiga e a frustración do persoal, e en moitos centros de saude non se conta cos profesionais sanitarios necesarios, entre outras cuestións.


O Partido Comunista de Galicia aposta por unha sanidade pública de calidade, accesible para todas as personas e cuns profesionais sanitarios que traballen nunhas condiciones laborais dignas. Por todo elo, apoiamos a Iniciativa Lexislativa Popular que busca mellorar a atención primaria galega e chamamos á clase traballadora e aos sectores populares de toda Galicia a participar das mobilizacións convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública o próximo 30 de novembro en moitos concellos de toda Galicia para salvar e fornecer a Atención Primaria

Categorías:

Comparte: