COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Ferrolterra | O goberno municipal mestura infancia e promoción do alcohol

6 de agosto de 2026

O Comité Comarcal do Partido Comunista de Galicia en Ferrolterra denuncia a falla de rigor e criterio do goberno municipal do PP no Concello de Ferrol na programación das actividades de lecer estival, tras coñecerse o programa de "A Ruta do Lúpulo en Ferrol", enmarcada dentro da Feira da Cervexa e Foodtrucks que se celebra na Praza de Armas do 6 ao 9 de agosto.

Entre as actividades anunciadas figuran un "Concurso infantil «Pinta tu lata de cerveza»" (venres 7 e sábado 8) e un "Concurso infantil de chapas e lata de cerveza" (sábado 8 e domingo 9). Por se isto non chegase, programan tamén un obradoiro para rapaces baixo o epígrafe de "Cata e taller para cerveceros niños".

Baixo o brochazo eufemistico do "lúpulo" manipulan á infancia cara ó consumo de produtos alcohólicos.

Un exercicio de cinismo institucional

A menos que o concelleiro Arán López Martínez, agora sexa titular das áreas de Xuventude, Festas, Novas Tecnoloxías, Marca Ferrol e Promocion do Alcoholismo Infantil, está tardando en dar explicacións e ser cesado, porque o despropósito de promover-lo do consumo de alcohol entre nenos so pode ser froito dun descerebrado, do nulo esforzo ou a pura desidia.

Preguntámonos que consello técnico revisou esta programación e considerou adecuado mesturar público infantil coa promoción do consumo de alcohol.

Isto é sintomático e amosa con claridade a incompetencia dun goberno que se enche a boca falando de "familia" e "conciliación" cando lle convén, pero que despois é incapaz de garantir que as actividades dirixidas expresamente á familia e a infancia teñan un mínimo de coherencia e adecuación.

Dende o PCG en Ferrolterra esiximos:

  • - A retirada inmediata das actividades infantís vinculadas directamente á promoción da cervexa dentro desta programación.
  • - Unha explicación pública por parte da concellería responsable sobre os criterios de revisión e aprobación deste tipo de eventos.
  • - O compromiso de que, no futuro, as actividades destinadas á infancia dentro da programación municipal de lecer estean claramente separadas de calquera promoción de produtos alcohólicos.
  • - O cese fulminante do concelleiro responsable, Arán López Martínez, por ser un absoluto incompetente e pola xestión neglixente da súa área, incompatible coa protección da infancia, converténdoa de facto nunha auténtica "concellería de promoción do alcoholismo infantil". 


O PP demostra, unha vez máis, que a súa xestión do lecer e da cultura en Ferrol responde máis á ocorrencias e ao escaparate que a un proxecto pensado con seriedade e responsabilidade cara á cidadanía, moito menos cara aos máis pequenos.

Comité Comarcal do PCG en Ferrolterra

Categorías:

Comparte: