COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

A Coruña | Contra os despedimentos en CONCENTRIX, polo mantemento do emprego

11 de setembro de 2026

A multinacional CONCENTRIX leva executando despedimentos inxustificados nos últimos meses.


A finais do mes de xullo levaron a cabo 80 despedimentos e o pasado mes de agosto outras 80 persoas traballadoras foron tamén despedidas no centro de traballo de A Coruña, onde aplican o convenio do contact-center e onde se presta servizo para o xigante tecnolóxico Microsoft.

A dirección da empresa non propuxo en ningún momento a recolocación de traballadores e traballadoras.

Nunha compañía na que un volume alto de persoas realiza o seu traballo en remoto, esta medida tería paliado en grande medida os despedimentos e garantido o mantemento do emprego.

Os despidos están enmarcados na política de Microsoft de substituír coa Intelixencia Artificial o traballo realizado pola clase traballadora. A implementación da IA oriéntase a maximizar os beneficios a costa da destrucción do emprego sen ofrecer alternativa para a clase obreira.

Pero os despidos en CONCENTRIX non remataron, todo apunta a que a vontade empresarial é a de fechar o centro de traballo de A Coruña sen ofrecer alternativa ningunha ás ducias de traballadores que venden a súa forza de traballo a esta multinacional.

NON ÓS DESPEDIMENTOS, POLO MANTEMENTO DO EMPREGO

O PCG denuncia os despedimentos inxustificados en CONCENTRIX A Coruña, e fai un chamado ao conxunto do cadro de persoal a loitaren polo mantemento do emprego.

Só cunha plantilla organizada e en loita, se poderá pelear polo mantemento do emprego en Concentrix.

Categorías:

Comparte: