Será o vindeiro lúns 31 de marzo, as 18:30 horas no CSC Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela. Intervirán: Checho Viqueira, Ingrid Izquierdo (Cónsul de Cuba) e Yoseba Muruzábal (pintor muralista que realizará unha obra ao vivo).
A exposición vai dirixida a recadar fondos para a campaña Coa man no corazón, destinada á compra de 1000 marcapasos para enviar a Cuba. Poderá ser visitada durante todo o mes de abril no CSC Maruxa e Coralia. A totalidade das doazóns polas obras expostas será entregada a MediCuba-Europa para a adquisición dos marcapasos.