COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O capital acumula, o traballo transforma. Organizámonos polo que é noso!

1 de maio de 2024

O CAPITAL ACUMULA, O TRABALLO TRANSFORMA. Organizámonos polo que é noso!

Durante os últimos anos vivimos un proceso de descomposición do estado da organización obreira que se autoorganizaba e loitaba por acabar cun sistema de explotación que provoca unha completa desposesión dos froitos do que produce o noso esforzo.  A desposesión a mans de quen acumula capital grazas ó traballo alleo, quen sen producir,  aumenta a súa conta de resultados a costa o noso traballo.

Mentres os beneficios das empresas galegas disparáronse no ano 2023, a capacidade adquisitiva das obreiras vese minguada pola inflación, a subida dos prezos da vivenda e a enerxía. Tanto é así, que unha cuarta parte dos galegos ven ameazados pola pobreza, e nin sequera ter un traballo é condición suficiente para evitalo. Ainda que o estado fale de

Ademais de enriquecer directamente ao burgués que nos explota, os traballadores alimentamos ao rentista que, a través da renda do chan, extrae o seu beneficio do froito do traballo dos obreiros. O aumento do prezo das vivendas é tan desproporcionado que nin as mozas obreiras se poden emancipar, nin as familias poden ter unha estabilidade habitacional ou se quera a seguridade de ter un fogar.  Así, atopámonos con que un 25% das persoas en situación de pobreza vense obrigadas a adicar máis dun 40% dos seus ingresos á vivenda, mentres que os mozos ven imposible a súa emancipación por non atopar alugueiros alcanzables.

No seu interese pola súa propia reprodución, o capital non se desenvolve atendendo ás necesidades reais da sociedade, senón a aquelas actividades que lle permitan maximizar os seus beneficios. Neste proceso aprópiase tanto do froito do traballo dos obreiros, como da natureza que transforma, sen consideración cara á súa sustentabilidade e conservación, nin sequera para seguir explotándoa.

O avance do capitalismo depredador acapara, mediante as sucesivas privatizacións de empresas, os restos do desenvolvemento produtivo realizado con fondos públicos. Neste proceso, se precariza o emprego para usalo despois como moeda de cambio para o acaparamento de subvencións e axudas, o que supón novos transvases de diñeiro público, provinte do traballo, a mans privadas.

Alcanzar unha repartición xusta da riqueza, sen parasitos que se enriquezan apropiándose do traballo alleo, é labor da clase obreira no seu conxunto. Os avances que durante esta fase póidanse obter con medidas lexislativas, froito da loita da clase obreira, permiten reducir os aspectos máis lesivos deste sistema depredador. Pero isto non nos pode facer caer no laborismo e perder de vista o noso horizonte: a realidade é que non é suficiente con reformar un sistema en que o capital volverá a avanzar posicións en canto teña oportunidade.

O Partido Comunista de Galiza reivindica o papel que temos como clase obreira para aunar forzas nos nosos centros de traballo, nos nosos barrios, para traballar ca firme convicción de que só mediante a loita da clase obreira podemos plantarlle cara ó Estado Burgués. So nós podemos superar o estado actual das cousas.

Hoxe, en forma de primeiro de maio, pero cada día, loitamos para vivir nun sistema depredador, loitaremos ata ter o control obreiro, para alcanzar un sistema produtivo colectivo e democratizado.

Viva a loita da clase obreira! Viva o primeiro de Maio!

Categorías: Comité Nacional

Comparte: