COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Contra a privatización do servizo de conserxeria nos colexios públicos

23 de maio de 2024

O PSOE de Vigo afonda nas políticas privatizadoras e aplica novas medidas que destruén a calidade do ensino.

O Partido Comunista de Galicia (PCG) expresa o seu firme rexeitamento á privatización do servizo de conserxería e vixilancia nos colexios públicos de Vigo, lanzada polo alcalde Abel Caballero. Esta medida demostra, unha vez máis, a súa obsesión privatizadora que agora pon en risco o axeitado funcionamento dos centros de ensino da cidade. Unha medida que conta co rexeitamento de boa parte das direccións dos centros educativos que xa teñen boa experiencia nas promesas incumpridas polo rexedor así como das familias do alumnado.

Dende o PCG na comarca de Vigo consideramos que a privatización deste servizo as empresas Samyl e Inama por máis de 2 millóns de euros non vai garantir a cobertura do mesmos de xeito adecuado en todos os centros nin as condicións laborais das e dos traballadores afectados. Actualmente, o persoal municipal quedou moi reducido, con numerosas prazas sen cubrir debido a unha absoluta e intencionada falta de planificación na elaboración das correspondentes ofertas de emprego.

Dende o PCG denunciamos novamente que o goberno local do PSOE se adique a aplicar as mesmas políticas privatizadoras da dereita que non só son innecesarias, senón que tamén son un ataque directo aos servizos públicos. Dende o Partido Comunista pomos en valor a importancia do servizo de conserxerías público e dun persoal con condicións laborais dignas para o bo funcionamento dos colexios, para o mantemento dos mesmos, para a redución das tarefas impropias do persoal docente e para a defensa dos dereitos das e dos traballadores.

Comité Comarcal do PCG en Vigo

Categorías:

Comparte: